A gardería municipal de Brión abre o prazo de inscrición para o curso 2016-17
A escola infantil municipal de Brión abre hoxe o prazo de inscrición de nenos e nenas de 0 a 3 anos para o curso 2016-2017 . O prazo estará aberto ata o próximo 29 de abril no centro social polivalente de Brión (981 509 910) e a admisión realizarase de acordo cun baremo de puntuación. …





