Cincuenta veciños e veciñas pechan no Grove a Campaña de Sendeirismo 2017 do Concello de Brión, que incluíu cinco saídas
Medio cento de veciños e veciñas de Brión percorreron un total de 22 quilómetros polo municipio do Grove, na que foi a quinta e derradeira Ruta de Sendeirismo que organiza o Concello de Brión esta temporada. En total, a Campaña de Sendeirismo 2017 incluíu cinco saídas cun total de 250 participantes. Os sendeiristas brioneses saíron …