Entrega de diplomas á trintena de participantes nos cursos de informática para maiores do Concello de Boqueixón
O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidiu a entrega de diplomas dos cursos de informática para maiores organizados polo Concello. Esta acción formativa foi impulsada polo Departamento de Educación e Cultura e contou cunha excelente acollida por parte da trintena de participantes, que amosaron a súa vontade de seguir ampliando coñecementos nesta materia. …