Multitudinaria e emotiva presentación no salón de plenos do libro póstumo de Plácido Betanzos “Relatos e lembranzas”
Cumpríronse as previsións e o salón de plenos rexistrou onte pola noite un cheo absoluto con motivo da presentación dun libro póstumo de Plácido Betanzos (1952-2018) que, baixo o título “Relatos e lembranzas” e impreso pola Deputación, reúne de forma compilatoria escritos inéditos do autor palmeirán ademais doutros textos en torno á súa figura. …