O Concello de Moeche subscribe o convenio de colaboración cun Festival Irmandiño adaptado á actual situación sanitaria
A partir das 20:30h actuarán Dequenvessendo e a Banda Crebinsky, nunha cita sen asalto nocturno nin actividades paralelas, aínda que si se mantén o espectáculo pirotécnico Moeche celebrará este sábado 21 unha nova edición -e xa van 42- do Festival Irmandiño, que por segundo ano adopta un formato axustado á actual situación. A diferenza da …