Os maiores da Aula de Lousame da UNED Sénior inician o curso 2021-2022 cun concerto na praza Teodomiro Hidalgo
Os maiores da Aula de Lousame da UNED Sénior ofreceron este mediodía un concerto na praza Teodomiro Hidalgo (Portobravo) para celebrar o inicio do curso 2021-2022. Unha iniciativa na que estiveron acompañados por alumnos e alumnas da UNED Sénior de Guitiriz, Momán, Paderne e Monfero, cos que posteriormente compartiron un xantar de confraternidade en Cabanetán. …