Moeche asina con Cerdido o convenio para conectar o novo abastecemento Loureiro-Os Acivros-A Casatellada
Hai tan só uns días que o Concello de Moeche adxudicou provisionalmente en algo máis de 33.400 euros -IVE incluído- as obras de ampliación da rede de abastecemento municipal aos núcleos de Loureiro, A Casatellada e Os Acivros, na parroquia de Santa Cruz. Os traballos, que se financian con cargo ao POS+ Adicional da Deputación, …