Un total de 11 establecementos turísticos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte beneficiáronse das axudas da Xunta para a renovación e modernización das súas instalacións
— O delegado da Xunta visitou o Balneario de Carballo un dos beneficiarios destas axudas que recibiu un apoio de máis de 26.000 euros — A través de Turismo de Galicia aportáronse case 140.000 euros a proxectos que permitiron a execución de actuacións orientadas á eliminación de barreiras arquitectónicas, mobiliario ou mellora da eficiencia enerxética …