O Centro Cultural Francisco Piñeiro de Abade acollerá na tarde deste domingo -17:30h- o pase do audiovisual “A poeta analfabeta”, dirixido por Sonia Méndez
Trátase dun documental sobre a figura de Luz Fandiño, unha poeta, activista, feminista e emigrante que viviu as realidades máis duras do século XX, e tamén as deste século XXI, posto que segue mantendo unha intensa axenda aos seus 91 anos. O de “poeta analfabeta” non é un cualificativo despectivo, senón a maneira en que …