Ponse en marcha o programa ‘Mover os baixos’ con tres millóns de euros para o problema dos locais baleiros, froito do acordo entre o Goberno municipal e a Marea Atlántica
A Xunta de Goberno Local aproba hoxe este programa con tres eixes: un banco municipal de locais en alugueiro, subvencións a pemes e persoas autónomas e compra de baixos por parte do Concello A alcaldesa, Inés Rey, e a voceira da Marea Atlántica, María García, reuniranse nos próximos días para avaliar o grao de cumprimento …









