Unha vintena de escolares do colexio da Gándara visitaron esta mañá o Concello
Unha vintena de escolares de sexto curso de Infantil do colexio da Gándara visitaron esta mañá o Concello e reuníronse coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos. A través da iniciativa “Coñecemento do Concello”, do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, os escolares, acompañados de persoal do centro, visitaron a planta baixa …










