O Concello pobrense entrégalle á Cruz Vermella os cartos recadados nos actos solidarios a favor da Ucraína
O Concello da Pobra do Caramiñal fíxolle a entrega á Cruz Vermella dun total de 2858’81 euros que foron recadados nos distintos eventos organizados para amosa-la súa solidariedade co pobo ucraíno. Os fondos proveñen dos donativos depositados polas persoas asistentes ás actuacións impulsadas no mes de abril pola Concellaría da Cultura xunto co tecido asociativo …