Complétanse as zonas verdes de Canide con 1.438 metros
O Concello procedeu a expropiar por 126.405,89 euros a franxa que se atopaba no medio da zona verde de Canide. No seu día non puido ser incorporado á urbanización e agora pasará a recibir o mesmo tratamento que o resto da ladeira, convertida nun agradable prado arborado.

