O BNG de Teo denuncia a falta de xestión do grupo municipal do PP ante novas deficiencias estruturais no Centro de Saúde de Os Tilos.
O grupo municipal do BNG de Teo critica unha vez máis a pasividade do Goberno municipal do PP e da Consellaría de Sanidade ante o que cualificou de “deplorábel estado “ dos centros de saúde do Concello. Denuncia, en concreto, que esta semana pacientes e profesionais padecen molestias, ruídos e sucidade provocados polas reparacións de …










