Pedro Blanco defende en Conxo un Concello “que poña no centro” os servizos públicos e as infraestruturas dos barrios
O candidato á Alcaldía de Santiago reuniuse coa asociación de veciños de Conxo Aberto no marco das #ConversasDeBarrio, que lle trasladou necesidades relacionadas co saneamento, a mobilidade, o alumeado, as pistas, o mantemento e o coidado dos ríos Subliñou que “recuperar o orgullo de Compostela comeza por coidar o que xa temos” e asegura que …

