O Concello de Carballo impulsa novas accións para reducir os residuos orgánicos desde os fogares
O Concello de Carballo pon en marcha novas accións orientadas á mellora da xestión dos biorresiduos, neste caso cunha dobre proposta destinada a reducir a cantidade de residuos orgánicos que se xeran nos fogares: a entrega gratuíta de novos composteiros domésticos e un curso práctico sobre aproveitamento alimentario e redución do desperdicio de alimentos. …








