Santiago e A Coruña crearán un grupo de traballo sobre vivenda e reclaman á Xunta que transfira ás dúas cidades os 5,1 millóns vinculados ás zonas tensionadas
Goretti Sanmartín e Inés Rey mantiveron unha reunión de traballo para poñer en común a experiencia das dúas cidades galegas declaradas como Zonas de Mercado Residencial Tensionado . As alcaldesas reclaman tamén á Xunta que desenvolva a parte autonómica da Lei de Vivenda para que sexa efectiva e para que os seus efectos cheguen ás …









