O pleno aproba case un millón de euros para novas obras nas parroquias de Entrecruces, Sofán e Noicela
Despois da toma de posesión de Lucinda Serrano Tasende como concelleira do grupo municipal do Partido Popular, o pleno da corporación aprobou a participación do Concello de Carballo na segunda fase do POS+ Adicional 2/2026 da Deputación da Coruña, que permitirá mobilizar 957.963,69 euros en tres novos investimentos nas parroquias de Entrecruces, Sofán e Noicela. …








