O PSdeG esixe á Xunta e ao Concello que poñan fin ao abandono do polígono da Sionlla
Gumersindo Guinarte denuncia os graves problemas de mantemento e conservación do parque empresarial, con viais estragados, falta de limpeza e deficiencias na iluminación que afectan ás empresas e á seguridade das persoas usuarias. Os socialistas reclaman ás dúas administracións que deixen atrás os desacordos e dean unha solución inmediata a unha situación que se arrastra …










