Neda fai un chamamento á veciñanza para que reduza o consumo de auga ante a escaseza de reservas hidráulicas
O alcalde de Neda vén de ditar un bando con recomendacións destinadas a que a veciñanza faga un consumo máis racional da auga potable nun momento marcado pola escaseza, como consecuencia da falta de precipitacións. Cunhas reservas hidráulicas baixo mínimos no conxunto da comarca, o rexedor municipal, Ángel Álvariño, fai unha chamada á colaboración veciñal …


