Daniel Pérez urxe a apertura da canle de Baldaio, ante a actual situación de emerxencia ambiental e económica, nunha reunión a tres bandas coas administracións autonómica e estatal
O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, volveu poñer de manifesto a urxencia de acometer sen máis demora a apertura mecánica da canle da lagoa de Baldaio para reestablecer o fluxo mareal e evitar maiores prexuízos ambientais, económicos e sociais. Neste sentido pronunciouse na reunión celebrada hoxe en Santiago de Compostela, convocada pola directora xeral de …










