A Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros, finalista nos XIII Premios Martín Códax da Música
A Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros foi seleccionada como unha das tres finalistas na categoría de Bandas de Música Popular da décimo terceira edición dos Premios Martín Códax da Música. Este recoñecemento, outorgado pola asociación Músicas ao Vivo, sitúa á formación oleirense entre os proxectos máis destacados do panorama musical galego actual. …


