O Concello amosa a súa capacidade operativa en emerxencias aos responsables do 112 e a Xunta
O Concello de Oleiros recibiu hoxe a visita de Marcos Araújo, xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) 112, e de Víctor Vázquez, xefe de servizo provincial da Xunta de Galicia. O obxectivo desta xornada foi comprobar sobre o terreo as capacidades operativas e a eficiencia do Servizo Municipal de Emerxencias do municipio. Os representantes …






