O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais
Catorce entidades participarán o domingo 12 de abril nunha xornada con exposición ao aire libre, animación infantil e música Carballo celebrará o domingo 12 de abril a segunda edición do Feirón en rede “Carballo solidario”, unha iniciativa que busca poñer en valor o traballo das entidades sociais do municipio e achegalo á cidadanía nun espazo …










