O Concello de Carballo recibe seis ofertas para deseñar a rehabilitación integral e sostible da casa consistorial
• A redacción do proxecto técnico é a primeira licitación do plan estratéxico “Carballo a man”, cofinanciado pola Unión Europea. • O obxectivo é transformar o edificio de 1973 nun espazo de consumo case nulo, reducindo o gasto enerxético case nun 50%. O proceso para a modernización da casa consistorial de Carballo segue a avanzar. …










