Gardacostas de Galicia reforza a formación na loita contra a contaminación mariña nunha xornada en Ribeira na que participou persoal doutros servizos
A xornada teórico-práctica permitiu mellorar a coordinación interadministrativa e a resposta operativa ante emerxencias ambientais no mar Gardacostas de Galicia desenvolveu no porto de Ribeira unha xornada de formación teórico-práctica sobre o despregamento de barreiras anticontaminación, no marco das actuacións que realiza como responsable da dirección do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental …

