O BNG pregunta ao goberno da Laracha se apoiará á veciñanza contra a planta de biogás en Soandres
A portavoz do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Laracha, Carolina Castiñeiras Brandón, rexistrou unha pregunta para o vindeiro pleno municipal co obxectivo de coñecer a postura do goberno local ante o proxecto de instalación dunha planta de biogás na parroquia de Soandres. Segundo lembra o grupo nacionalista, en abril de 2022 a Xunta de …



