O Concello lanza a campaña ‘Somos as mulleres que construímos Camariñas’ para reivindicar o papel fundamental das súas veciñas neste 8M
● A iniciativa rende homenaxe á forza, ao traballo e ao compromiso diario das mulleres de todas as idades e profesións que fan posible a comunidade camariñá. ● O alumnado dos CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto colaborará na creación dunha guía biográfica para rescatar as historias das mulleres referentes das súas vidas. …










