O Concello de Carballo inicia o proceso de obtención dos terreos que permitirán impulsar o proxecto de renaturalización do Rego da Balsa cos fondos EDIL
A Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente o proxecto de expropiación dos terreos do ámbito SX-EL6, primeiro paso administrativo para dispoñer do solo necesario para desenvolver unha das actuacións incluídas no Plan EDIL. A intervención permitirá completar o gran corredor verde previsto polo PXOM na contorna do Rego da Balsa mediante a incorporación de 17.774 …

