A alcaldesa asina a cesión dunha parcela á Fundación Andrea para aloxar familias con crianzas hospitalizadas
O proxecto ‘A Casiña de Andrea’ permitirá a familias con baixos recursos ter un acubillo durante longas estadías hospitalarias de nenas e nenos A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, formalizou este xoves a sinatura para a concesión demanial dunha parcela para a Fundación Andrea xunto coa presidenta desta entidade social, Charo Barca. O acto tivo …










