A Xunta investirá 3,4 M€ no control e seguimento das 127 depuradoras galegas que dan servizo a todos os núcleos de poboación de máis de 2.000 habitantes
— O contrato adxudicado este mes ten como fin axudar na supervisión, vixilancia e inspección das infraestruturas hidráulicas competencia dos concellos para dar un mellor servizo á cidadanía e velar pola calidade das augas na súa área de influencia — A adxudicataria asumirá, entre outros traballos, o asesoramento ás entidades locais na xestión destas infraestruturas, …




