O Concello asume a través da Emvsa a xestión temporal das Escolas Deportivas Municipais ante os incumprimentos da adxudicataria
Ademais, imporá penalidades á empresa se non cumpre coas súas obrigas cos traballadores. O servizo licitarase de novo este mesmo mes A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a finalización do contrato de prestación do servizo das Escolas Deportivas Municipais coa empresa Serviplus, firma que desde o ano 2021 tiña adxudicada a súa xestión. …









