A Pobra solicitará informes á Demarcación de Costas do Estado e á Xunta tras o último vertido na Ribeiriña
· O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, incide na necesidade de “concretar que actuacións se levarán a cabo para pór fin a estas verteduras que teñen un grave impacto a nivel medioambiental”. O Concello solicitará informes á Demarcación de Costas do Estado, á Xunta de Galicia e ao Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño …










