Seis adestradores e unha adestradora optan ao galardón “Arsenio Iglesias”, outra das categorías dos I Premios do Deporte Concello de Carballo
Entre as 50 candidaturas que vén de recibir o Consello Deportivo Municipal para os I Premios do Deporte figuran 7 para a categoría Arsenio Iglesias, coa que se distinguirá ao mellor adestrador ou a mellor adestradora da tempada. As persoas propostas polo movemento deportivo carballés son Pastor Antonio Carracedo Muiño, do Club Taekwondo ITF Carballo; …










