A Universidade Sénior amplía o Programa de Democratización do Coñecemento cunha clase maxistral da profesora da UDC Isabel Raposo Vidal
Os alumnos e alumnas que ten a Universidade Sénior en Carballo achegaranse á Educación para a saúde desde o exercicio terapéutico a través da clase maxistral que impartirá a profesora da UDC Isabel Raposo Vidal. O programa inicial modifícase e amplíase, polo tanto, con esta nova sesión, que se celebrará o martes 25 de novembro …










