Lorenzana destaca na Coruña a orixinal proposta no Mercado dos Faros, que pon en valor o patrimonio Fareiro de Galicia
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe á inauguración do Mercado dos Faros, unha orixinal proposta, dixo, que pon en valor o patrimonio fareiro de Galicia cunha oferta de actividades gastronómicas, de artesanía, cultura e ocio. O Hotel NH Collection acolle esta iniciativa na que colabora a Axencia Turismo de Galicia, …




