Inés Rey: “A nosa tarefa é traducir os grandes conceptos como resiliencia ou refuxio climático en políticas que melloren a vida da maioría social”
O encontro, que se celebra hoxe e mañá en Palexco, reúne a máis de medio cento de representantes públicos e expertos en políticas urbanas A cidade da Coruña acolle dende esta mañá o III Foro Urbano de España, a principal cita estatal para o debate e intercambio de experiencias en materia de políticas urbanas sostibles, …










