O plan especial que permitirá a implantación dunha área deportiva na Lagoa dá un paso máis coa aprobación provisional por parte da Xunta de Goberno
Sete meses despois da aprobación inicial e unha vez analizadas e resoltas as alegacións presentadas, a Xunta de Goberno Local aprobou de xeito provisional, na sesión ordinaria celebrada este 20 de outubro, o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións (PEID) para a implantación dunha área deportiva na Lagoa. A única diferenza con respecto ao documento …