O Concello de Ribeira impulsa un investimento de 357.000 euros en eficiencia enerxética e enerxías renovables
O Concello de Ribeira continúa avanzando para mellorar a sustentabilidade e reducir as emisións contaminantes mediante actuacións en materia de eficiencia enerxética. En total, nos últimos meses investíronse 357.000 euros en distintas accións, entre as que destacan a instalación de paneis solares en edificios municipais e a renovación integral do alumeado en varias instalacións deportivas. …