O PP acusa o goberno de Rioboo de ameazar á oposición con consecuencias xudiciais por votar contra o crédito para pagar a condena de Villa Melania
• Aseguran que existen fórmulas alternativas para pagar a indemnización sen danar as contas municipais • Izaskun García, portavoz popular: “Culleredo non pode seguir pagando a incompetencia deste alcalde. Se tivese un mínimo de dignidade, debería dimitir xa” O Partido Popular de Culleredo denuncia o intento do goberno local de intimidar á oposición para condicionar …