A primeira fase das obras de humanización, renovación do saneamento e abastecemento e mellora da seguridade da AC-543 en Brión rematarán en breve co aglomerado da estrada
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, e o alcalde de Brión, Pablo Lago, visitaron os traballos que se desenvolven nesta travesía Concello e Xunta invisten un total 1,24 millóns de euros nas obras, cuxa segunda fase dará comezo no límite con Bertamiráns e que se coordinarán coa instalación das novas …