O curso de verán Traballando en lingua con inmigrantes puxo de manifesto a importancia da inmersión lingüística para acadar a integración
Carballo foi escenario esta semana do curso de verán da Universidade da Coruña (UDC) Traballando en lingua con inmigrantes, unha iniciativa centrada na dinamización lingüística en contextos de diversidade e inmigración coa que quixemos poñer en diálogo a realidade migratoria coa promoción da lingua galega como ferramenta de inclusión, cohesión social e exercicio de dereitos. …