A praza do CPS de San Valentín acolle este martes o espectáculo Historias para escagharriñarse, de Teatro Ghazafelhos
As actividades do ciclo “Xullo, mes da Patria” que organiza a Concellería de Cultura de Fene, continúan este martes, 8 de xullo, con Teatro Ghazafelhos e as súas Historias para escagharriñarse. O espectáculo representarase na praza ubicada entre os bloques 11 e 12 de San Valentín, a carón do CPS, a partir das 21.00 horas. …