A área de Contratación xestionou o ano pasado unha cifra récord de expedientes e de orzamento, por riba dos 20 millóns de euros entre licitacións e adxudicacións
O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Contratación, Ramón Varela, veñen de presentar o balance da actividade desenvolvida o ano pasado pola área de Contratación, que bateu récords tanto en número de expedientes, 60 fronte aos 49 do exercicio anterior, coma de orzamento, máis de 20 millóns de euros. Esta cifra non inclúe os …