Portos de Galicia outorga á Confraría de Muxía a concesión da lonxa con bonificación do 90% das taxas
Portos de Galicia vén de outorgar unha autorización administrativa a favor da Confraría de Pescadores Virxe da Barca de Muxía, na provincia da Coruña, para a ocupación e xestión da lonxa da localidade, de titularidade do ente público. A autorización contempla un período de vixencia de 10 anos, que poderá ampliarse por 5 anos máis. …