A Xunta volve a iniciar os trámites para declarar Ben de Interese Cultural a Cheminea das Pontes a petición da veciñanza, do concello e da Deputación da Coruña
— O Diario Oficial de Galicia publica a incoación do procedemento, o que supón a protección inmediata deste ben representativo do patrimonio industrial de Galicia — O expediente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude recoñécelle o seu “valor cultural sobranceiro” e que supón un “referente local simbólico” da identidade local — Deberá resolverse nun …