Retirada dun poste caído e cables na intersección das rúas Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, no concello da Pobra do Caramiñal
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira interviñeron ao redor das 18:15 horas de onte, mércores 19 de marzo, na retirada dun poste e cables de teléfono que foran derribados por un vehículo pesado e que entorpecían o tráfico rodado na intersección das rúas Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, no concello da Pobra do Caramiñal. …