Ribeira recoñece o mérito do Mega Builder Team que vén de clasificarse para xogar o Campionato Nacional First Lego League
Esta semana o equipo Mega Builder Team de robótica de Ribeira foi recibido polo goberno local no Concello despois de que o pasado 22 de febreiro se clasificara na competición autonómica da “First Lego League” celebrada en Ferrol. Este equipo formado por rapaces de Ribeira, logrou clasificarse no segundo posto por detrás do conxunto ourensán …