O Concello de San Sadurniño reparará pistas en Santa Mariña e no Camiño Arriba con cargo ao Plan Camiña Rural
O Concello de San Sadurniño ten consignada dentro do novo Plan Camiña Rural -o antigo Plan de camiños da AGADER- unha achega lixeiramente superior aos 86.000 euros, que deberán destinarse, de acordo con este programa, a financiar a reparación de camiños que dean acceso a terreos ou explotacións agropecuarias. Neste sentido, o Goberno local encargou …