Incendio en vehículo en Torelo, no concello de Vimianzo
Os bombeiros do parque Provincial de Cee foron alertados dun incendio dun vehículo no Km 62 da AC552, en Torelo, concello de Vimianzo. O vehículo ardeu por completo, máis o lume non ocasionou danos persoais. Participaron no operativo Protección Civil de Vimianzo, Tráfico de Corcubión e a Policía Local de Vimianzo.